Monday 23 de September de 2024

O alcalde de Oleiros sinala agora aos veciños de Sada como os responsables dos atascos


PRIMEIRO FOI A XUNTA DE GALICIA E A VIA ÁRTABRA, DESPOIS O GOBERNO DE ESPAÑA. ACÁBASE DE TERMINAR O TÚNEL DO SOLYMAR, PERO OS ATASCOS PERSISTEN EN OLEIROS

García Seoane está a quedarse sen culpables a quen responsabilizar dos permanentes atascos que vive o municipio a diario nas súas vías principais, especialmente nas horas punta.
“Ata o momento apuntara cara arriba, contra a Xunta e o Goberno de España. Agora tira aos lados, culpabilizando aos veciños -neste caso do concello de Sada- de elixir mal o roteiro de ida e volta á Coruña” afirmou Loli Silva, portavoz do Grupo Municipal Popular.
“Cargouse o bus a Santa Cristina por non querer pagalo. Esqueceuse do transporte marítimo entre os portos de Oleiros e A Coruña. Do plan de mobilidade que encargara e pagara non volvemos saber nada. Iso si, séguense dando licenzas de construción e, por tanto, incrementando a saturación de vehículos a circular polos viais municipais que son de hai un século” engadiu.

Para o Partido Popular clama ao ceo que responsabilice aos veciños de Sada de ser os responsables da saturación do tráfico en Oleiros.
“O único responsable da inmobilidade e as retencións en Oleiros é o señor García Seoane e o seu Plan Xeral de Ordenación, que está a converter Oleiros nunha auténtica rateira, unha macro urbanización, nunha cidade para durmir, non para vivir”, sentenciou Silva.

Deja un comentario